Os cruceiros volven a Baiona este Sábado Santo

Máis dunha vintena de barcos disputaranse este Sábado Santo na ría de Vigo unha nova edición do Trofeo Comunica, organizado polo Monte Real Club de Yates. O comité de regata, presidido por Fernando Giraldo, dará saída á proba ás dúas da tarde fronte ao peirao de transatlánticos de Vigo, desde onde os veleiros iniciarán un percorrido dunhas 15 millas que os levará ata as inmediacións de Baiona.

Tras virar nunha baliza de desmarque, a frota deberá cumprir con varios pasos obrigados, situados nas balizas da Negra, Subrido e Carallones, para chegar finalmente á baía baionesa, onde se instalará a liña de chegada.

Entre os clubs que se disputarán esta nova edición do Trofeo Comunica, están o Ro Yachts Club, representado polo Abal Avogados-Lagar de Pintos-Fanautic de Mariano Dios; o Liceo Marítimo de Bouzas, co Salao de Juan Carlos Sigre; o Club Marítimo de Canido, co Bosch Service Solutions de Ramón Ojea; o Club Marítimo Rías Baixas, co Galopín de José Luis Mosquera; o Real Club Náutico de Vigo, con La Burla Negra de Juan José Martínez; o Monte Real Club de Yates, co Yess Too de Rui Ramada; ou o Club Náutico de Portonovo, representado polo Albarellos, de Fernando Rey.

Tras inaugurar a tempada coa Liga de Inverno de J80, o Trofeo Comunica é a primeira competición de cruceiros do calendario do Monte Real, que ten previstas para este 2019 outras sete competicións máis, entre elas o soados Trofeo Conde de Gondomar (en xullo) e Trofeo Príncipe de Asturias (en setembro).

Anuncios