Camos celebra o desencravo de Cristo

A Parroquia de Santa Eulalia de Camos, en Nigrán, celebra este Venres Santo o desencravo de Cristo, unha das súas tradicións máis antigas recuperada hai dous anos tras décadas sen celebrarse. Terá lugar ás 18:00 horas na Igrexa de Santa Eulalia (xunto o Cemiterio de Camos), con posterior procesión.

Esta tarde de Xoves Santo celebrarase a Cea do Señor ás 19:00 horas. O Sábado Santo ás 21:00 horas será a Santa Vixilia Pascual, e finalmente, o Domingo de Pascua, terá lugar a Misa de Pascua da Resurrección do Señor ás 11:00 horas.

Anuncios