Anuncios
Ticker de novas

Curso de “Auxiliar de Restaurante-Bar” para persoas desempregadas en Nigrán

O vindeiro 6 de maio dará comezo a actividade formativa de “Auxiliar de Restaurante – Bar” que organiza a Fundación Érguete-Integración promovida pola Deputación de Pontevedra e coa colaboración do Concello de Nigrán. O curso estará orientado a persoas desempregadas, que se formarán para traballar en empresas de restauración, catering, bares e cafeterías, por iso o único requisito para optar ao curso é estar dado/a de alta como demandante de emprego.

O curso formará en competencias básicas de restaurante – bar, abordaranse temas como uso da dotación básica do restaurante e asistencia no preservizo; servizo básico de alimentos e bebidas e tarefas de postservizo no restaurante; aprovisionamento e almacenaxe de alimentos e bebidas no bar; preparación e servizo de bebidas e comidas rápidas no bar; habilidades comerciais orientadas á satisfacción do cliente; e normas de seguridade, hixiene e protección do medio ambiente en restauración (Manipulación de alimentos).

Acollerá a 15 participantes que terán a oportunidade de realizar a súa formación práctica en empresas da área de influencia de Nigrán. De feito a formación xurdiu coa finalidade de satisfacer as necesidades do sector hostaleiro dado que o potencial turístico do concello propicia a creación de postos de traballo, especialmente nos meses do verán.

O curso é de 200 horas das cales 80 son prácticas, e dará comezo o 6 de maio e estenderase ata o mes de xullo. Os interesados en inscribirse deben chamar a Yolanda Gómez, coordinadora do curso, no 986 253 176, mandar un email a incorpor@fundacionerguete.org ou entrando na seguinte ligazón. O prazo de inscrición é ata o 26 abril.

Emprego inclusivo é un proxecto que nace có obxecto de aumentar a empregabilidade dos participantes e facilitar un acercamento ao mercado laboral mediante formación, prácticas en empresa e Itinerarios Individualizados de inserción, que engaden á formación, os servizos de orientación e intermediación laboral.
“Trátase dunha gran oportunidade formarse non só na teoría senón tamén facendo prácticas en restaurantes de Nigrán e que, se se aproveita a formación, seguro terá repercursións na empregabilidade dos seus participantes en Nigrán e no Val Miñor” declara o alcalde de Nigrán, Juan González.

Anuncios
error: Contido protexido