Anuncios
Ticker de novas

Baiona iniciará o 22 de abril o reparto das entradas para a “Festa das Persoas Maiores”

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Festa dos Maiores.

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Benestar, celebrará o vindeiro xoves 9 de maio a “Festa das Persoas Maiores”, unha homenaxe que se vén realizando desde fai máis de tres décadas de forma ininterrompida. Na actividade poderán participar todas as persoas empadroadas en Baiona nacidas con anterioridade ao ano 1953 e as súas parellas.

As entradas serán repartidas na planta baixa do Concello desde o día 22 de abril ata o 3 de maio (máis tarde desa data non se dará ningunha invitación) e para recollelas deberán presentarse co DNI.

Como en anos anteriores dispoñeranse varios autobuses para o traslado dos asistentes desde as distintas parroquias de orixe. O programa, que é totalmente gratuíto, iniciarase ás 12:30 coa celebración dunha eucaristía na Ex-Colexiata de Baiona. A continuación, como en edicións anteriores, terá lugar a comida de convivencia que seguirá cun animado baile ata as 18:30 horas.

Ángel Rodal indica que “os nosos maiores son unha das prioridades deste equipo de goberno” e anímalles a gozar deste encontro, que supón unha boa oportunidade para reunirse e compartir momentos inesquecibles, tendo sempre presente o importantes que son por ser a historia viva do pobo.

Anuncios
error: Contido protexido