Os equipos do Turonia GFG rematan a súa primeira participación na liga galega

O equipo de fútbol gaélico masculino do Val Miñor rematou este domingo a súa primeira participación na liga galega. Foi contra o outro equipo debutante nesta temporada, o filial do actual gañador do campionato, o Estrela Gaels, no Campo das Cancelas de Compostela.

A pesar de chegar co equipo moi mermado ao tramo final da competición debido ás múltiples baixas e lesións, o conxunto turonián conseguiu arrincar un valioso punto, con sabor a vitoria, da súa visita a Compostela. Partido moi igualado pese a que o Turonia chegaba con 9 homes xustos para disputar o encontro. Comezaron marcando os do Turonia, aínda que o Estrela Gaels ao pouco impuxeron unha vantaxe no marcador que chegaría ata os últimos momentos do partido. Con todo, o Turonia conseguía ir puntuando e evitar que os Gaels se afastasen demasiado no marcador.

No descanso, o Turonia perdía de 2 puntos. Na segunda metade, os axustes defensivos do conxunto turonián elevaron a igualdade entre os dous contendentes, aínda que a resposta dos composteláns non permitía nin un momento de descanso. A medida que o partido chegaba ao seu remate, o equipo de Turonia ía crecendo e mellorando no seu xogo, conseguindo igualar o marcador a falta dun minuto para o asubío final.

O empate soubo a pouco, tendo en conta que se dispuxo de numerosas ocasións para adiantarse aos Gaels, mais foi un resultado xusto. Resultado final Estrela Gaels 25- Turonia GFG 25.

Tamén último partido da tempada para o equipo feminino do Turonia e Auriense o que se disputou na tarde do domingo no Campo da Gándara de Chaín en Gondomar. Saíron as do Auriense mellor plantadas e coas ideas moi claras, a raíz diso escapáronse no marcador dende o inicio. Sen embargo e pese a non estar moi acertadas na tarde de onte, as rapazas do Turonia conseguiron reducir distancias para chegar así o descanso con 4 puntos de desvantaxe co Auriense, deixándoo todo por decidir.

Na segunda parte volveron as de Ourense a saír moi forte e conseguiron por terra de por medio. O que sería xa insuperable para un Turonia, e aínda, coa súa habitual garra, non o deixou de intentar ata o ultimo minuto. Resultado final Turonia 1-11 (14) – Auriense 3-14 (23).

Gran tempada de ambos conxuntos, na copa continuaremos a desfrutar con elas.

2019-04-15 - Turonia vs Auriense 14-4-19

Anuncios