Programación de Semana Santa en Baiona

Programa de actos e cultos da Semana Santa Baiona 2018, organizados pola Irmandade da Santa Casa de Paz e Misericordia e a Parroquia de Santa María de Baiona, coa colaboración do Concello, a Deputación de Pontevedra e Aceba.

Domingo 14 (Día de Ramos)
12:00 h. Bendición de Ramos e Palmas na Igrexa Conventual das Nais Dominicas para seguir coa procesión ata a Igrexa Parroquial.

Luns 15, martes 16 e mércores 17
18:00 h. Confesións na Igrexa Parroquial.
19:30 h. Triduo ao Santo Cristo da Boa Morte.
20:00 h. Santa Misa.

Xoves 18 (Xoves Santo)
11:00 h. Meditación na Igrexa Parroquial.
16:00 h. Santa Misa da Institución da Eucaristía na Igrexa Conventual das Nais Dominicas.
18:00 h. Santa Misa da Institución da Eucaristía na Igrexa Parroquial.
20:00 h. Saída, acompañada pola Banda de Música de Baiona, desde a Capela da Misericordia, da Solemne Procesión dos Pasos, organizada pola Irmandade da Santa Casa de Paz e Misericordia. Oración ao Cristo dos Pasos na Praza do Concello. Miserere na Igrexa Parroquial e na Praza do Concello (Coro de Homes “Voces Baionesas”).
23:00 h. Hora Santa, seguida da Vixilia Extraordinaria da Adoración Nocturna na Igrexa Parroquial.

Venres 19 (Venres Santo)
10:00 h. Vía Crucis na Igrexa Parroquial.
16:00 h. Celebración da Paixón do Señor. Adoración da Cruz na Igrexa Conventual das Nais Dominicas.
18:00 h Celebración da Paixón do Señor. Adoración da Cruz na Igrexa Parroquial.
20:00 h. Saída, acompañada pola Banda de Música de Baiona, da Procesión do Santo Enterro, desde a Igrexa Parroquial. Miserere na Igrexa Parroquial á saída e recollida (Coro de Homes “Voces Baionesas”).
23:00 h. Saída da Procesión da Soidade (só para mulleres), desde a Igrexa Parroquial. O Coro de Homes cantará unha Pregaria á Virxe antes de saír a Procesión, e ao recollerse.

Sábado 20 (Sábado Santo)
20:00 h. Vixilia Pascual na Igrexa Conventual das Nais Dominicas.
22:00 h. Vixilia Pascual na Igrexa Parroquial.

Domingo 21 (Pascua de Resurrección)
Horario de misas do domingo.