Gondomar oferta nove cursos de formación on-line dirixidos a mulleres

Dende a Concellería de Igualdade de Gondomar e través do Centro de Información á Muller (CIM), ponse en marcha a nova oferta formativa baixo a modalidade de formación on-line. Este tipo de formación baséase nunha metodoloxía flexible coa que o Concello de Gondomar xa leva traballando estes últimos anos.

Ao igual que en edicións pasadas os cursos serán gratuítos e estarán destinados preferentemente a mulleres empregadas e desempregadas empadroadas no Concello de Gondomar. As prazas serán adxudicadas por orde de formalización de inscrición a través do rexistro do Concello ou da Sede Electrónica, sempre e cando se cumpran cos requisitos e se entregue toda a documentación.

A oferta formativa deste ano será: procesos grupais e educativos no tempo libre infantil e xuvenil (30h); xestión de compras e aprovisionamento (40h); xestión de instalacións deportivas (45h); xestión básica do almacén (20h); colaboración na organización de eventos e protocolo (80h); aplicación de sistemas informáticos no bar e cafetería (30h); retoque fotográfico (35h); mobilización de persoas enfermas (80h); atención e información de viaxeiros/as de autobús (50h).

Só se poderá realizar un curso por persoa e cóntase cun total de 135 prazas. A inscrición deberá formalizarse no Rexistro Municipal ou a través da Sede Electrónica do 10 ao 24 de abril. Para máis información acudir ao Centro de Información ás Mulleres (CIM), na Casa da Cultura, teléfonos 986 389 355 ou 986 360 224, e-mails aio@concellodegondomar.com e cim@concellodegondomar.com.

Esta actividade é cofinanciada con cargo aos créditos recibidos polo Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, a través da Secretaría de Estado de Igualdade.