A quinta edición da Carreira Nocturna H2K Nigrán reunirá a case 450 corredores

A quinta edición da Carreira Nocturna H2K Nigrán reunirá a case 450 persoas o próximo día 12 do presente mes. Os organizadores xa pecharon o período de inscricións, ao chegar ao límite establecido. A proba divídese en dous partes e será espectacular. Rexeranse por estritos controis sanitarios. No acto de presentación quedou claro que a prioridade é o deporte seguro.

Nese sentido, Juan González, alcalde de Nigrán, indicou que “fomentar a actividade física é fundamental nestes tempos. Pero tamén realizar os eventos con seguridade”. O rexedor municipal tamén reiterou que “é importante chegar á quinta edición. Iso significa que se consolidou e ten un gran prestixio. Pero ademais, as inscricións son numerosas”.

Serafín Martínez, director deportivo da proba, desvelou que “neste ano tan especial é gratificante o poder contar con tantas persoas interesadas en participar. É unha magnífica noticia”. No mesmo sentido expresouse Daniel Panteón, da correduría NHK Seguros, un dos principais patrocinadores da proba.

No acto de presentación atopábase tamén José Manuel Freire, en representación da Xunta de Galicia, e compoñentes do Club Marítimo de Panxón, onde se desenvolveu o acto.

A H2K Nigrán disputarase o día 12 do presente mes. Ese sábado, ás oito de tarde, darase a saída aos participantes na distancia de 5 quilómetros. Ás nove farano os que tomen parte nos 10 quilómetros. Todo o percorrido será polo Concello de Nigrán.