Gondomar abre mañá as inscricións para participar na II Gladiator Kids

A Concellería de Xuventude e Deportes do Concello de Gondomar, dirixida por Nuria Lameiro, aposta unha vez máis pola Gladiator Kids, unha actividade diferente na que participan nenos e nenas entre 3 e 11 anos acompañados dun adulto.

Esta proba de obstáculos, que se celebrará o día 12 de maio no Parque das Ánimas, ten un carácter lúdico e non competitivo e consiste nunha serie de probas adaptadas ás idades ás que van dirixidas e na que non importa quen gañe, senón que o importante é divertirse e compartir en familia. Terá dous percorridos diferentes dependendo da franxa de idade.

Este ano hai dispoñibles 500 prazas. Os interesados poden inscribirse desde o 10 de abril ata o 10 de maio, a través da OMIX de Gondomar chamando ao 986 369 746 ou a través da páxina www.championchipnorte.com.

Anuncios