
O pasado sábado celebrouse nas instalacións do Club Lucus Augusti en A Laxe (Lugo) o Trofeo Federación Galega-Xunta de Galicia Aire Libre Tradicional e Espido, nun ambiente espectacular. A nigranesa Patricia Pérez Cameselle, do Archer’s Team de Mos, fíxose co ouro e subiuse ao más alto do podio en Arco Recurvo Instintivo Muller. En Arco Recurvo Instintivo Sénior Home, Alberto Villarroel, do Serra de Gondomar, foi segundo.
