O delegado da Xunta en Vigo recoñece o labor de Encaixamos

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, xunto ao alcalde de Baiona, Ángel Rodal, e a xefa territorial da Consellería de Política Social, Marta Iglesias, mantivo hoxe unha reunión con membros da Asociación de persoas con discapacidade do Val Miñor, Encaixamos. Tras a cita, o representante autonómico destacou o importante labor realizado por este tipo de colectivos en prol da integración e a proactividade das persoas con diversidade funcional.