Rescatado un parapentista tras sufrir un accidente en Baiona

Unha persoa resultou ferida ao bater contra unha ladeira mentres practicaba parapente na parroquia de Belesar, no concello de Baiona.

O suceso tivo lugar un minutos despois das 19:00 horas da pasada tarde. A esa hora, unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia para informar do acontecido. No seu relato informaba dun parapentista ferido tras caer despois de bater contra a ladeira do Alto do Cortelliño, ademais atopábase nun lugar de difícil acceso.

Con estes datos, os xestores de emerxencias alertaron puxeron os feitos en coñecemento do persoal do 061-Urxencias Sanitarios, dos Bombeiros de Baixo Miño e da Garda Civil. Do mesmo xeito, informouse da situación aos membros do GES de Val Miñor, da Policía Local da localidade e do Servizo Aéreo de Rescate. O Servizo de Gardacostas de Galicia tamén foi informado do suceso por si fose precisa a intervención do helicóptero de Salvamento para o rescate do ferido.

Finalmente, descartouse a intervención da aeronave ao poder ser rescatado, o ferido, nunha padiola. Así o comunicaban os axentes da Garda Civil ao 112 Galicia. Unha vez rescatado, o persoal sanitario trasladou nunha ambulancia ao parapentista ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Anuncios