Romaría da Virxe da Saúde en Parada

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Virxe da Saúde de Parada.

A Parroquia de Santiago de Parada de Miñor celebra este domingo a festividade da Virxe da Saúde. O sábado 31 de xullo haberá Misas ás 12:00, 18:00 e 20:00 horas e ás 19:00 horas Rezo do Rosario. O domingo día 1 de agosto celebraranse Misas ás 6:00, 8:00, 10:00, 12:00, 18:00 e 20:00 horas, e Rezo do Rosario ás 7:00 (Gozosos), 9:00 (Dolorosos), 11:00 (Gloriosos) e 19:00 horas (Luminosos). Ademais, todos os sábados de agosto ás 21:00 horas celebrarase unha Misa da Virxe da Saúde. Todas as celebracións serán con aforo limitado tanto no interior como no exterior do templo.