Centos de Papá Noeles surfean na praia de Patos

Este xoves volveu á praia de Patos unha nova edición dos Papá Noeles Surfeiros, organizada pola Asociación de Escolas de Surf de Patos e o Concello de Nigrán. Un ano máis, centos de Papá Noeles Surfeiros chegaron á praia de Patos para dar a benvida ao Nadal.

Prado Surf Escola, La Conservera del Surf, Pointbreak Patos, Patos Surf School e Dacss organizaron xunto ao Concello de Nigrán esta actividade que levaba sen poder realizarse desde hai dous anos debido ás restricións da Covid19. Este decembro retomouse con moita ilusión esta tradición do Nadal, na que tras o baño recupéranse forzas e calor cunha gran chocolatada, que este ano se fixo en Sunset LeGrand.

A xa tradicional cita do Nadal arrancou ás 16:00 na praia de Patos. Os participantes levaron 1 kg de alimentos para colaborar co banco de alimentos de Nigrán. Ademais todo o que queira pode facer a súa doazón durante toda esta semana en calquera das escolas: Prado Surf Escola, La Conservera del Surf, Pointbreak Patos, Patos Surf School e Dacss.