Anuncios
Ticker de novas

Dúas vitorias e dúas derrotas para o Laroca na sétima xornada da liga galega de xadrez

Este sábado celébrase a oitava xornada da liga galega de xadrez. Os catros equipos do Laroca volveran a xogar a partires das cinco da tarde na sede de Mallón.

Na primeira división o Laroca A intentará volver á senda dos triunfos despois da derrota na pasada xornada en Marín ante o Ence Xadrez Marín por 3.5-0.5, este medio punto conseguido por Tino. Con esta derrota os laroqueiros caen á cuarta posición da clasificación con 16 puntos. Este sábado enfrontaranse aos ourensáns do Benchoshey Seniors, que ocupan a oitava posición con 12 puntos.

Na segunda división resultados dispares. O Laroca B perdeu no no seu desprazamento á Guarda ante o Albatros A, que ocupa a segunda posición da clasificación, e conta todos os seus encontros con vitorias por 3.5-0.5, medio punto conseguido por Patricio. Con este resultado os miñoráns caen á novena posición con 11.5 puntos. Este sábado volverán a ter un duro rival, o líder do grupo e invicto Mos A.

O Laroca C impúxose no seu desprazamento a Vilagarcía por 0.5-3.5, puntos conseguidos por Lino, Carlos, Jorge, e unhas táboas de Chema. Con este resultado os miñoráns ascenden ata a quinta posición con 14 puntos. Este sábado enfrontaranse en Mallón aos tudenses Chiringo Contos Tui, que ocupan a sexta posición.

Na terceira división vitoria dos laroqueiros no seu desprazamento a Mos por 0-4 ante o Mos H. Con este resultado os miñoráns póñense na cabeza da clasificación empatados ca Once con 22.5 puntos e ocupando praza de ascenso. Os puntos foron conseguidos por Ricardo, Ana, Mauro e Laura. Destacar o triunfo desta última cunha partida que superou as tres horas de xogo.

Este sábado terán un enfrontamento moi complicado ante o terceiro clasificado, o Mos D, que con 21 puntos ameazan a segunda posición a falta de dúas xornadas para rematar a liga de terceira división.

Anuncios
error: Contido protexido