Alumnos do CEIP Souto-Donas contactan coa Antártida

Alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Souto-Donas de Gondomar, contactou directamente vía Skype, cun grupo de científicos que se atopan na Antártida, investigando aspectos como a fauna e o cambio climático. No momento da conexión a expedición atopábase nunha embarcación que navegaba preto da Illa Livingston, a segunda en superficie das Illas Shetland, no Sur da Antártida.

O contacto estableceuse con Santiago Baluja, Patrón da base Juan Carlos I, quen respondeu a moitas preguntas que lle fixo o alumnado e contou cousas tan interesantes como que durante este mes de marzo, houbo un día no que se rexistrou una temperatura de 15º, totalmente inusual nestas latitudes, onde en inverno se poden rexistrar temperaturas de ata -95ºC, o que fai que moitos dos animais que alí viven agora, teñan que migrar co cambio de estación. Neste sentido, os que máis aguantan o frío son os pingüíns.

Tamén falou da pureza da paisaxe e de todas as labores de reciclaxe que teñen que facer todos os que coma eles están alí traballando. “Foi unha experiencia inesquecible para o noso alumnado e que esperemos que lles serva para tomar conciencia de que o noso planeta temos que coidalo para poder desfrutalo”, sinalan desde o centro.