Anuncios
Ticker de novas

A comparsa “Endulzando el Carnaval” gaña tamén en Gondomar

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // A comparsa "Endulzando el Carnaval" de Os da Casa.

Gondomar celebrou este venres o tradicional Desfile-Concurso de Comparsas de Entroido, co que as rúas do centro enchéronse de colorido e fantasía para deleitar á gran afluencia de público. Tras a presentación do xurado comezou o desfile, cos gañadores do Moto Carnaval e as comparsas convidadas “Cóntame un conto” e “O bosque encantado de Pereiras”, seguidas das 13 comparsas inscritas participantes no concurso chegadas de Vigo, Nigrán, Tomiño, Gondomar e Baiona, todo iso presentado pola cantante do Trío Azar.

Así, partindo desde a rúa Ameixeira, foron percorrendo a rúa Eduardo Iglesias e a Avda. Elduayen “Hadas y Duendes” de Chegaron os que Faltaban, “Parada Espanta” do Centro Cultural Parada do Miñor, “Musical El Rey León” de Comparsa Luces, “Music Show” da Asociación Revolución Show, “Bulerías” da Asociación de Veciños A Unión de San Pedro da Ramallosa, “Endulzando el Carnaval” da Asociación Os da Casa, “Había una vez…” do Centro Cultural A Merced de Chaín, “El Rey León” da Asociación Paradela, “Recuérdame México” do Centro Cultural de Baíña, “Las cuatro estaciones” da Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de Matamá, “LDanzia Paradise” da Asociación LDanzia, “Gnomeo e Julieta” da Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios e “Fantasía do Deserto” de Comparsa Furafollas.

Tras a deliberación, amenizada polo Trío Azar, o xurado formado polo alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, Jose Luis Muñiz, profesor de danza, Javier Lago, actor escénico, Araceli Regueiro, enxeñeira e movemento asociativo, Cristian de Samil, actor escénico, Brenda Vidal, directora do Conservatorio de Música de Gondomar, e Isabela Fernández, maquilladora artística profesional, elixiu finalmente as gañadoras.

O primeiro premio, dotado de 900 euros, recaeu na comparsa “Endulzando el Carnaval” da Asociación Os da Casa de San Andrés de Comesaña (Vigo), con 256 puntos. A Asociación Paradela de Gondomar con “El Rey León” conseguiu o segundo premio, de 700 euros, con 241 puntos. E finalmente, o terceiro premio, de 500 euros, foi para “Music Show” da Asociación Revolución Show de Tomiño, con 236 puntos.

As comparsas “Musical El Rey León” (4º posto con 225 puntos), “Las cuatro estaciones” (5º posto con 207 puntos), “Había una vez…” (6º posto con 203 puntos), “Gnomeo y Julieta” (7º posto con 197 puntos), “Parada Espanta” (8º posto con 185 puntos) e “Fantasía do deserto” (9º posto con 174 puntos) recibiron un premio de 350 euros cada unha.

Finalmente, “LDanzia Paradise” no décimo posto con 171 puntos, “Recuérdame México” con 167 puntos, “Hadas y duendes” con 160 puntos e “Bulerías” con 100 puntos recibiron cadanseu premio de 250 euros.

O premio á mellor carroza, de 300 euros, foi para a comparsa “Music Show” da Asociación Revolución Show de Tomiño.

Antes da entrega de premios tivo lugar a queima de Dona Sardiña e logo a festa continuou co Trío Azar.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Anuncios