Sancionan a Baiona por irregularidades no abastecemento de auga nos colexios de Fontes e Belesar

No pleno de Baiona do mes pasado o Grupo Municipal de Esquerda Unida-SON preguntou por unha sanción de 600 € imposta por parte da Consellería de Sanidade por diversas irregularidades atopadas pola inspección no abastecemento de auga para o consumo humano no CEIP Fontes en maio de 2018 e o de Belesar en xuño de 2018. Nese pleno non contestou nin a concelleira de Medio Ambiente, María Iglesias, nin o Alcalde, Ángel Rodal, indicando ao seu portavoz, Silvano Montes, que tiña toda a documentación no expediente que podía consultar.

“Pois ben, consultamos o expediente, que por certo facilitóusenos incompleto xa que entre os documentos aportados non se atopan as actas de inspección, e visto o contido do mesmo, non deixan de preocuparnos dous aspectos: por unha banda que á data de imposición da sanción non se houberan arranxado deficiencias tan importantes como que non se fixera analítica completa de auga de consumo que se ten que facer como mínimo 1 cada 5 anos, e analítica de potabilidade dende o ano 2016 en Belesar e a principios de 2017 en Fontes”, afirma Montes.

“E pola outra que ao preguntar de novo no pleno de hoxe, a Sra. concelleira de Medio Ambiente seguira sen coñecer o problema (deu a calada por resposta) e o máis grave, que o Sr. Alcalde que asinou o decreto de pago da multa non supera o motivo da sanción e si xa estaban resoltas as irregularidades. Tampouco entendemos o porqué pagouse o total da sanción, xa que non se fixeron alegacións e había a posibilidade de ter rebaixada a mesma até o 40%. E como seguen sen contestar, no pleno seguinte preguntaremos de novo si xa están resoltas todas as irregularidades”, conclúe o portavoz de Esquerda Unida.

Anuncios