Anuncios
Ticker de novas

Emilia Costas e Tania Izaskun, do Bolos da Carrasca, clasificadas para o nacional de petanca

O equipo “Carrasca A” do Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca de Nigrán proclamouse campión da Fase Previa dos Campionatos de España de Dupletas Femininas. Emilia Costas Alonso e Tania Izaskun Simoes Vila gañaron a final cun resultado de 13-3 ante o “Do Lume B”. Representarán a Galicia nos Campionatos de España que se celebrarán do 17 ao 19 de maio en Camargo (Santander).

Anuncios