Sexta xornada de liga galega de xadrez para o Laroca

Este sábado renóvase a liga galega de xadrez, unha vez disputados os campionatos galegos nas categorías sub 14 e sub 18. Nesta xornada disputaranse todos os encontros na sede de Mallón a partires das 17:00 horas. Na primeira división o Laroca A situado na segunda posición, enfrontarase ao líder da categoría, o equipo ourensán do Liceo Grupo Academia Postal, separados tan só por punto e medio.

Na segunda división o Laroca B, situado na cuarta posición, enfrontarase aos vilagarciáns do CXF-Zona Aberta, situado na terceira posición e separados por tan só medio punto. Nesta mesma categoría o Laroca C, situado na décima posición ocupando prazas de descenso, enfrontarase ao Albatros B, que ocupa a sétima praza a dous puntos dos miñoráns.

Na terceira división o Laroca Mallón-IES Auga da Laxe, ocupando segunda praza en postos de ascenso, enfrontarase aos vigueses de EXP. CVCV Valladares, que ocupan a oitava posición.