Unha colisión entre dous vehículos deixa tres persoas feridas en Nigrán

Tres persoas resultaron feridas despois de colidir dous vehículos ao seu paso polo concello de Nigrán, así o indicaron os axentes da Policía Local tras chegar ao punto. Todo ocorreu sobre as 17:15 horas desta tarde. Foi a esa hora cando unha persoa particular informaba ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos e con feridos na PO-552, na Ramallosa. A partir de aí, os xestores do 112 pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.