Gran éxito do Laroca nos Campionatos Galegos sub 18 de Xadrez

FOTO: LAROCA // Ana Fernández, Artai Bringas, Ricardo Fernández, Guillermo Cousido e Mauro Sanromán.

Gran éxito do club de xadrez Laroca nos Campionatos Galegos de Xadrez sub 18 celebrados do 2 ao 4 de marzo na vila de Cangas do Morrazo. O club miñorano participou con 5 xadrecistas, Ana Fernández, Artai Bringas, Ricardo Fernández, Guillermo Cousido e Mauro Sanromán, que a pesar da súa xuventude acadaron uns grandes resultados.

Ana Fernández proclamouse subcampioa galega, Artai Bringas rematou no cuarto posto empatado a puntos cos tres primeiros, Ricardo Fernández rematou no posto 17, Mauro Sanromán no 18 e Guillermo Cousido no 23, todos mellorando o seu ranking inicial.