Carlos de la Peña presenta en Baiona o libro “Papeles de Loureiral”

Este xoves, 7 de marzo, Carlos de la Peña presenta o libro «Papeles de Loureiral», unha escolma de colaboracións con Onda Cero de Vigo e un feixe de artigos e notas do último ano encol da área metropolitana e Baiona. O autor estará acompañado neste acto pola periodista Raquel Sánchez e Jesús Bahíllo, home pegado a unha vocación política e intelectual. “Como os tres habitamos no Val Miñor, nada do que aquí ocorre nos é alleo e, por elo, tanto os acertos como os erros de apreciación que teñamos estarán ben cargados de razóns”, sinala De la Peña. A presentación será ás 20:00 horas no Liceo Marítimo de Baiona, con entrada libre.