Sin categoría

Baiona Bay celebra o seu Festival de Nadal

O Concello de Baiona ofrece o Festival de Nadal do conxunto de voz e corda “Baiona Bay” este domingo 16 de decembro ás 18:30 horas no Auditorio V Centenario, dentro do programa cultural e de lecer Bai Nadal 2018. Baiona Bay está formada por: Bandurrias (Luis, Aitor e Paula); Laúde (Simba); Guitarras (Celso, Plácido, Ramón, Anabel, Mari, Ana, Marga, Antonio e Viñas; Voces (Kiko, Manolo, Herli, Carmen, Manolo, Mari Carmen, Gabriel, Cristina, Manuel e Jacinto).