Sin categoría

Cea-baile de Entroido no Liceo Marítimo de Baiona

O vindeiro sábado día 9 de marzo o Liceo Marítimo de Baiona organiza unha cea-baile de Entroido. Esta cea está especialmente organizada para os socios, pero o público en xeral tamén pode gozar deste día, polo cal será aberta á participación de calquera persoa interesada en asistir. Celebrarase no salón do Liceo Marítimo e comezará ás 22:00 horas. Ao rematar haberá un baile con música en directo. Para asistir pódese reservar chamando ao 608 183 957.