O Concello de Nigrán celebra mañá martes 5 de marzo no Auditorio Municipal un baile especial de Entroido dende as 19:00 horas con música en directo e un fotomatón no que sacar divertidas fotos de balde. Ademais, haberá merenda a base de doces típicos da época. O Concello anima aos asistentes a acudir disfrazados. O mesmo día pero pola mañá o Auditorio acollerá o Entroido dos usuarios dos centros de día e residencias do Val Miñor.
Nigrán celebra o martes de Entroido cun baile especial con fotomatón incluído

