Gondomar tramita as solicitudes para participar no programa “Depotermal 2019”

O Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar, como Concello adherido o Programa da Deputación de Pontevedra “Deportermal 2019”, terá aberto o prazo de presentación de solicitudes para inscribirse dende o día 28 de febreiro ata o 29 de marzo.

O Plan Depotermal da Deputación Provincial, pon en marcha os dous programas termais:

  • O Programa de asistencia diaria a balnearios durante cinco días consecutivos en quendas de mañá ou tarde, utilizando durante un mínimo de dúas horas as instalacións dun balneario, talaso ou espá da provincia.
  • O Programa termal con pernoita en réxime de pensión completa de domingo a venres.

Poderán acceder a este programa as persoas empadroadas nos Concellos da Provincia de Pontevedra que reúnan os requisitos esixidos, entre eles o de ser nacidos antes do 1 de xaneiro de 1969. No caso de nacer con posterioridade ter a condición de pensionista ou ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 65%, precisar dun respiro familiar.

As parellas que desexen participar no plan de forma conxunta, é preciso que as dúas persoas cumpran os requisitos. As persoas interesadas poderán informarse no Departamento de Benestar Social, na Casa da Cultura, e presentar e tramitar a súa solicitude.