Concerto de Entroido homenaxe a Michael Jackson en Gondomar

FOTO: CONCELLO DE GONDOMAR // Concerto do Conservatorio de Gondomar.

O Conservatorio Elemental de Música de Gondomar ofrecerá este xoves día 28 de febreiro o seu Concerto de Entroido. En colaboración coa Banda Infantil e Xuvenil da Agrupación Musical de Vincios, a partir das 19:00 horas no Auditorio Lois Tobío preséntase un concerto con pezas arranxadas dun animoso repertorio de Michael Jackson. A entrada será gratuíta.