Sin categoría

Acto informativo «Non ó campo de golf» no Centro Cultural de Baredo

O Centro Cultural “A Cela” de Baredo acolle este sábado 7 de abril un acto informativo no que se dará conta das últimas novas sobre a anulación do proxecto do campo de golf. Tamén farase unha proxección dos actos nos que participaron os veciños e veciñas da parroquia na defensa do monte, da auga… Será a partir das 18:30 horas.