Alfonso Rueda ve “gañadores” aos candidatos de Baiona, Gondomar e Nigrán

O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, presentou esta tarde en Baiona aos candidatos do partido nas eleccións do 26 de maio ás Alcaldías de Baiona, Gondomar, Pazos de Borbén e Nigrán.

Na cita, confiou en que o traballo desenvolto por todos eles se traduza nun gran resultado na cita coas urnas e dixo que son “o mellor equipo” para os gobernos da comarca de Vigo e o Baixo Miño.

Son “candidatos gañadores”, dixo Rueda, destacando os seus proxectos integradores a súa capacidade de xestión seria e eficaz para poñerse a traballar polos veciños desde o minuto un.

Neste sentido destacou a unidade e a estabilidade do PP, un partido “recoñecible e que sabe facer ben as cousas” fronte a aqueles que aínda non saben si presentarán candidatos ou concorrerán ás eleccións.

O presidente provincial admitiu que as convocatorias do 28 de abril e o 26 de maio suporán “traballar o dobre” pero apelou ao compromiso e a capacidade de esforzo do partido e dos candidatos para sacar un magnífico resultado en ambas citas.