Anuncios
Ticker de novas

“O cardiograma que reflicten os latidos da Concellería de Turismo leva plano tres meses”

O concelleiro de Manifesto Miñor Xosé Antón Araúxo denuncia que o libro de rutas polo patrimonio cultural de Gondomar e as rutas da aplicación Wikiloc cambian o seu estatus de “desaparecidas” ao de “abandonadas”. Asegura que seguen sen ser activadas as 30 novas rutas de trecking, ou camiñadas máis curtas, para incluír en Wikiloc, unha plataforma que conta con máis de 4.000.000 millóns de membros e máis de 10 millóns de rutas.

“Produce unha inmensa tristura ver como unha potente ferramenta de proxección exterior de Gondomar segue abandonada, pola incapacidade de xestión ou pola decisión política do Sr. Ferreira”, lamenta Araúxo.

O mesmo acontece cos 500 exemplares do rigoroso e documentado libro titulado “Percorridos polo patrimonio cultural da vila de Gondomar”, de 496 páxinas editado en galego e castelán tirado nas dependencias, agora desertas, da Concellería de Turismo, no edificio do CDL. A abrupta expulsión do goberno impediu terminar a tradución ao inglés. Para aquelas persoas que queiran coñecer o contido deste libro “missing”, aconsellamos que pulsen a seguinte ligazón.

No caso das rutas en Wikiloc, a pesares de que so están accesibles na web, 6 rutas que se subiron cando Manifesto Miñor rexía esta Concellaría, téñense rexistrado en Wikiloc 139.000 entradas, dende agosto 2017. “Sen ter publicado as 30 rutas “lost” que xa quedaron listas e subidas, podemos saber que máis de 30.000 usuarios de todo o Estado entraron e tiveron curiosidade nas rutas do noso concello. EEUU, Portugal, Francia, Corea do Sur, Brasil ou Alemaña, seguen por esta orde no ranking de entradas. As tres máis solicitadas, son a Panorámica polo Alto da Paraguda en Peiteiros, a Ruta do Muíños de Couso e a Ruta das Ánimas”, destaca Araúxo.

“A mencionada aplicación á que se pode acceder con esta ligazón estaba publicada en galego, inglés, francés, castelán e catalán. Esta aplicación deixouse lista tamén en portugués, pero nin iso fixeron, o feito sinxelo de subir a tradución feita no idioma do país veciño. Pero só poderán verse as 6 que xa estaban operativas en novembro, antes da expulsión. Nesta aplicación teñen entrado máis de 7000 persoas. O cardiograma que reflicten os latidos da Concellería de Turismo leva plano tres meses. Gondomar require de todas a mans, de todas as achegas, de todos os recursos que traballen no seu dinamismo. Malgastar recursos non é síntoma dunha boa xestión”, conclúe o concelleiro de Manifesto Miñor.

Anuncios