Baiona pecha o Entroido cunha ruta musical en Sabarís

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona pecha o Entroido este sábado, día 16 de marzo, cunha ruta musical en Sabarís. Desde as 12:00 do mediodía ata as 22:30 horas da noite haberá pasarrúas e concertos, ademais da “Queima do Meco”. O programa comezará co pasarrúas da charanga “ Nova Cubana” desde a Praza ata o Fidalgo. Ás 13:00 horas actuarán “Os Nenos Rebeldes” diante do Casino de Sabarís, e ás 15:00 horas “Pacheco Bros” na Praza Victoria Cadaval.

Ás 17:00 horas sairá a comparsa desde a Praza Victoria Cadaval coa animación da charanga “Nova Cubana”, para ás 18:30 horas queimar ao Meco no xardín da coñecida como “Casa Rosa”. A xornada finalizará con outros tres concertos, ás 19:00 horas de “La Patrulla” diante do Yajoma, ás 20:30 de “Sabina y Cía” diante do Mesón Fidalgo e ás 22:30 horas de “Atlantic” na Praza Victoria Cadaval.

Anuncios