A Unidade de Oncoloxía Pediátrica do Álvaro Cunqueiro atende a 180 menores da área de Vigo

O Hospital Álvaro Cunqueiro sumouse hoxe ás Asociacións Bicos de Papel, ASANOG (Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia) e Asociación Española Contra o Cáncer, para celebrar o Día Internacional do Cancro Infantil.

Ademais das accións propiamente informativas, as Asociacións desenvolveron diversas actividades lúdicas dirixidas especificamente aos nenos. Así, da man de ASANOG, o Mago Cali de Abracadabra entretivo aos nenos mentres esperaban as súas consultas; e Bicos de Papel, xunto cos doutores Tirita de Berce, arrincou as risas dos pequenos pacientes no Hospital de Dia Pediátrico.

180 menores atendidos

O cancro que afecta en maior medida aos menores é a leucemia. Séguenlle os tumores do sistema nervioso central e os linfomas

Durante o pasado ano, no CHUVI foron diagnosticados 40 casos novos; 19 foron tumores malignos e 21 benignos.

En xeral, a Unidade de Oncoloxía pediátrica do Álvaro Cunqueiro atende a 180 menores da área sanitaria viguesa. A maioría deles están en fase de seguimento en consulta, unha vez concluído o seu tratamento no hospital.

Nestes momentos, hai 35 pacientes en fase de tratamento activo (quimioterápico). O Hospital de Día Pediátrico atende de xeito ambulatorio a unha media diaria de 12 pacientes.

O seguimento dos nenos que xa concluíron o seu período hospitalario oscila entre cinco e dez anos, segundo o tipo de tumor que padezan.

Ademais, nas consultas de oncoloxía pediátrica do CHUVI realízase un seguimento de pacientes con síndromes xenéticos con predisposición ao cáncer, para realizar un diagnóstico de precoz.

O cancro infantil non se pode previr polo que os esforzos céntranse en lograr o diagnóstico temperá dos casos, e en dispoñer dos mellores tratamentos, porque é aquí onde reside a clave da supervivencia dos menores e a súa calidade de vida. A maiores, segundo explica a oncóloga da Unidade de Oncoloxía pediátrica do CHUVI, María Tallón “o noso obxectivo, ademais de mellorar os tratamentos, é diminuír as secuelas a longo prazo e mellorar a calidade dos coidados paliativos pediátricos”-.

Os puntos claves son un diagnóstico precoz, tratamento protocolizado, seguimento de efectos secundarios, e apoio noutros temas importantes para a familia e os nenos como a escolarización e a reincorporación a súas vidas tras o tratamento.

Escolarización e animación

A atención sanitaria prestada nos hospitais pretende dar unha resposta óptima dende o punto de vista médico, pero tamén quere ofrecer unha atención integral, que comprenda todos os aspectos da esfera psico-bio-social da persoa e da súa familia.

Neste marco, a educación regrada é un elemento esencial. O Álvaro Cunqueiro conta cun Aula Hospitalaria, cun equipo docente de dous profesoras que prestan soporte académico, que permite aos nenos e nenas ingresados manter a súa conexión, tentando que poidan seguir desenvolvendo o programa académico do seu centro.

Ademais da programación académica, préstase especial atención ás actividades lúdicas e de lecer. É un dos obxectivos prioritarios do seu Plan Estratéxico XXI, a humanización das áreas de maior sensibilidade, con especial atención á infancia. Trátase de que os nenos e nenas esquezan ou minimicen o trauma que supón a hospitalización, o chamado “síndrome hospitalario”, e contribuír a facerlles máis grata a súa estadía no centro.

Para isto conta coa colaboración de varias Asociacións como Bicos de Papel, ASANOG, os Doutores Tirita de Berce, Doutores Sonrisa, Magos solidarios de Abracadabra, os Bombeiros de Vigo ou a Cruz Roja entre outras.