Dúas vitorias e dúas derrotas para o Laroca na terceira xornada da liga galega de xadrez

Na terceira xornada da liga galega de xadrez o Laroca A sufriu a primeira derrota da tempada por 1,5 – 2,5 ante o xadrez Bueu A. Os puntos foron conseguidos por Mireya gañando no primeiro taboleiro e as táboas de Artai no segundo taboleiro. Con esta derrota o equipo pasa a ocupar cuarta posición da táboa clasificatoria.

Na segunda división resultados dispares para os dous representantes. O equipo do Laroca B gañou o seu encontro impoñéndose aos vigueses de Mosefesa & The Wailers por 3 – 1, puntos acadados polas táboas de Patricio e Dani Vaz nos dous primeiros taboleiros e Rafa Simoes e José Manuel Araujo nos dous restantes taboleiros. Con esta vitoria os miñoranos ocupan a cuarta posición.

O Laroca C sufriu a derrota no seu desprazamento á Guarda ante o equipo do Albatros A por 3,5 – 0,5. O medio punto foi conseguido por Chema no segundo taboleiro. Con esta derrota pasan a ocupar a sétima posición.

Na terceira división o equipo do Laroca Mallón-IES Auga da Laxe gañou o seu encontro ante o equipo do Bouzas B por 3,5 – 0,5, puntos conseguidos polas vitorias de Ricardo, Guillermo e Agustín nos tres primeiros taboleiros e as táboas de Juan no cuarto taboleiro. Con esta vitoria sitúanse no cuarto posto da táboa.

Anuncios