Anuncios
Ticker de novas

A Garda Civil continúa esta semana coas charlas informativas en colexios de Baiona e Nigrán

A Garda Civil de Pontevedra continúa esta semana percorrendo os centros educativos da provincia coas charlas informativas do Plan Director sobre violencia de xénero, acoso escolar, drogas e alcol, novas tecnoloxías, bandas xuvenís e prevención de incendios forestais. Entre os colexios que visitarán nos próximos días están o CPI Cova Terreña de Baiona e o CPI Arquitecto Palacios de Panxón en Nigrán.

Dous efectivos do Cuartel Principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán impartirán este luns día 11 ás 17:00 horas unha charla sobre o acoso escolar no CPI Cova Terreña, e senllas charlas sobre as novas tecnoloxías dirixidas a pais e nais, unha en cada colexio, o martes día 12 ás 9:00 da mañá no CPI Arquitecto Palacios de Panxón, e o mércores día 13 ás 17:00 horas no CPI Cova Terreña.

Anuncios
error: Contido protexido