Baiona recibirá 78.000 € para a Arribada, o Mercado Antigo de Sabaryz e a Cabalgata de Reis

A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, vén de aprobar a segunda relación de subvencións do Plan Concellos 2019 correspondentes á Liña 2 para amortizacións, pago de débedas, gastos correntes e actividades, por valor de máis de 800.000 euros. Con estas novas achegas da segunda relación xa son 34 concellos beneficiados que, en total, reciben case 1,8 millóns de euros da Liña 2 do Plan Concellos 2019.

Máis polo miúdo, hai 14 concellos da provincia beneficiados: Baiona, Barro, Cangas, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Cuntis, Forcarei, Lalín, Mos, Poio, Ponteareas, Pontecesures, Soutomaior e Vilagarcía de Arousa. En concreto, trátase de axudas por un valor total de 814.073,16 euros. Permitiranlles aos municipios custear os gastos de amortización de débedas e gastos correntes, así como actividades municipais, tales como programacións culturais, obradoiros, actuacións musicais, festas e feiras ou actividades deportivas e educativas.

Baiona recibirá tres partidas: 40.000 euros para a Festa da Arribada, 10.174,83 euros para o 3º Mercado Antigo de Sabaryz e 28.000 euros para a Cabalgata dos Reis Magos.

Anuncios