Anuncios
Ticker de novas

A meteoroloxía vólvella a xogar aos xota

A meteoroloxía volveu xogarlle este sábado unha mala pasada aos J80 que participan na Liga de Inverno organizada polo Monte Real Club de Yates ao impedirlles, unha vez máis, inaugurar o marcador.

Tras un primeiro intento errado pola ausencia de vento na que ía ser a primeira xornada o pasado 26 de xaneiro, os fortes refachos rexistrados esta tarde obrigaron de novo ao comité a suspender a xornada regateira.

A anulación produciuse unha vez iniciada a primeira manga, á que se deu saída cun vento duns 17 nós. Os xota emprenderon o percorrido con normalidade pero a entrada dun chuvasco trouxo refachos por encima dos 30 nós e a frota empezou a resentirse. Rexistráronse problemas en varios barcos, chegando mesmo a abandonar un deles, e o comité decidiu primeiro anular a proba e finalmente, e tras comprobar que a situación non ía mellorar, a xornada regateira.

Unha xornada que se iniciou cun minuto de silencio en recordo do regatista Gerardo Alonso, falecido a pasada fin de semana tras unha longa enfermidade; e que se retomará o próximo 23 de febreiro.

Anuncios
error: Contido protexido