Que poden facer os homes para apoiar a #FolgaFeminista do #8M2019?

O 8 de marzo do 2018, é unha xornada histórica de #FolgaFeminista, as feministas demostraron que, “se nós paramos, párase o mundo“. Ante isto moitos homes do Val Miñor e da contorna achegados os centros sociais do sur ven e senten a necesidade de facer un 1° chamamento a todos os homes do Val Miñor para organizarse, aliñar, pensar e ir da man de forma colectiva coas compañeiras cara o #8Marzo do 2019.

Nesta chamada convidan a facer parte na organización do vindeiro #8M2019 xunto coas compañeiras da Batucada feminista do Val Miñor e os compañeiros do obradoiro aberto do TÍTERE XIGANTE. Desta vez propoñen organizarse xerando un espazo de pensamento crítico e acción colectiva cara o aliñamento feminista dos homes deste vindeiro #8Marzo2019 e do resto do ano.

A proposta é sentarse, falar, debater e organizarse baixo estas diferentes cuestións: Que experiencias poden rescatar da marcha e dende a súa posición como homes en xeral respecto ao 8M2018? Que límites atopan e que posibilidades abriron? Como coordinarse mellor coas compañeiras? Como enfocar o seu apoio á próxima folga do 8M2019? E sobre todo, como seguir o resto do ano?

O vindeiro venres 8 de febreiro ás 19:30 horas no CSA A Casa Colorida en Nigrán, terá lugar unha primeira xuntanza cara un aliñamento real coas compañeiras do Val Miñor.