Anuncios
Ticker de novas

Gondomar abre o prazo de presentación de candidaturas para a IV Gala do Deporte

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Foto de familia da III Gala do Deporte de Gondomar.

Co obxecto de poñer en valor e fomentar as prácticas deportivas na localidade, o sábado 6 de abril ás 20:00 horas no Auditorio Lois Tobío, celebrarase a IV Gala do Deporte de Gondomar, evento promovido polo Alcalde, Paco Ferreira, e a Concelleira de Deportes, Nuria Lameiro.

Nesta convocatoria, realizada polo Departamento de Deportes do Concello de Gondomar, valoraranse os méritos realizados durante o ano deportivo 2018 en oito categorías, mellor deportista masculino, mellor deportista feminina, mellor deportista revelación masculino, mellor deportista revelación feminina, mellor club ou entidade deportiva, premio ao patrocinio e colaboración co deporte, premio á traxectoria deportiva e premio ao mellor evento deportivo do ano. Ademais da categoría “Mención Especial”, á que poderán optar persoas ou entidades que aínda non sendo deportistas, destacara pola defensa dos valores humanos no deporte.

As candidaturas poderanse presentar por parte de calquera cidadán, club deportivo, institución ou asociación, os cales poderán presentar ata tres candidatos/as, sempre que cumpra as condicións establecidas nas Bases da convocatoria.

O prazo de recepción de candidaturas estará aberto dende o 4 de febreiro ata o 10 de marzo, sendo presentadas no Rexistro Municipal do Concello e sendo necesario presentar tamén a autorización de uso de datos.

O xurado estará nomeado e presidido pola Tenente de Alcalde e Concelleira de Deportes, Nuria Lameiro. As bases da Gala e a folla de inscrición están dispoñibles na páxina web do Concello.

Anuncios
error: Contido protexido