Tres obras pechan este fin de semana a IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia

Este fin de semana conclúe no Auditorio Lois Tobío a programación da IV Mostra de teatro afeccionado do Val Miñor e Oia, organizada polo Instituto de Estudos Miñoráns coa colaboración do Concello de Gondomar. O sábado 2 de febreiro ás 19:30 horas, Os cabalos rosas brincan no patín de Viladesuso representarán “O restaurante Farruco”, e a continuación, Arredemo de Gondomar ofrecerá a obra “Maruxas 3.0”. O domingo 3 de febreiro ás 18:00 horas, Teatro do Ar de Nigrán pechará o ciclo con “Sucedáneo”.