Segunda xornada da liga galega de xadrez para o Laroca

Este sábado celébrase a segunda xornada da liga galega de xadrez. Na primeira división o equipo do Laroca A, que ocupa a segunda posición da táboa clasificatoria con 3 puntos, terá un encontro complicado no seu desprazamento a terras ourensáns, para enfrontarse ao club deportivo xadrez Ourense C, que ocupa a terceira posición con 2,5 puntos.

Na segunda división o equipo do Laroca B desprázase a Vigo para enfrontarse ao equipo do Lucena xadrez galego, que ocupa a sétima praza, con 2 puntos, pola oitava posición dos nigraneses; o outro representante na segunda división, o Laroca C, que con 2,5 puntos ocupa a quinta posición da táboa, xogará na sede de Cotros a partires das 17:00 horas ante os arousáns do club xadrez Fontecarmoa-Zona Aberta, situados na terceira posición con 3 puntos.

Na terceira división o Laroca Mallón-Auga da Laxe terá un complicado desprazamento a Vigo para enfrontarse ao equipo do Lucena A, que con 3 puntos ocupa a segunda posición, pola sétima dos miñoranos.