A libraría Libraida de Gondomar acolle este venres 1 de febreiro ás 20:00 horas a presentación do libro “Vivir a galope” (Editorial Galaxia) de María Xosé Queizán, Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro de ensaio e investigación, 2018. Contarán coa presenza da autora, e o acto será presentado pola profesora e escritora Camiño Noia e o director da Editorial Xerais, Fran Alonso.
Este é o testemuño literario dunha vida intensa e comprometida, a autobiografía que traza a traxectoria vital dunha das autoras máis relevantes e influentes da literatura galega e, ao tempo, o relato de toda unha época. Desde os primeiros anos da súa infancia viguesa, escritos cunha prosa brillante, ata a actualidade, a escritora vai debullando a súa vida en primeira persoa.
María Xosé Queizán (Vigo, 1939), escritora, ensaísta, tradutora, activista, directora da revista Festa da palabra silenciada e pensadora feminista, é unha das autoras máis relevantes e influentes.

