Ovalmi convoca un curso de inglés para o comercio

Desde a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI), queren fomentar a formación das empresas, por iso e pensando en mellorar o servizo ás persoas consumidoras na comarca, convocan un curso de inglés para o comercio de 20 horas.

A impartición da acción formativa será de tres días á semana, luns, mércores e venres, en horario non comercial, de 21:00 a 23:00 horas, na Sede da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (OVALMI), na Praza Rosalía de Castro, local 3, baixo, Nigrán.

O comezo do curso será o 18 de febreiro, finalizando o 11 de marzo, sendo a data límite para realizar a inscrición o 13 de febreiro. O curso ten un custo de 50€ para socios e os seus traballadores e de 80€ para non socios, onde se inclúe docente especializado, todo o material didáctico e diploma acreditativo para o alumno.

Os interesados en participar e ampliar os seus coñecementos en inglés, poden obter máis información sobre o curso no teléfono 986 36 67 30 ou no correo electrónico asociacion@ovalmi.com.

Anuncios