Anuncios
Ticker de novas

A Comisión de Festas do Carme de Baiona organiza unha viaxe á Illa de Ons

A Comisión de Festas da Virxe do Carme de Baiona organiza unha viaxe á Illa de Ons o domingo 28 de maio, con saída e regreso no Porto de Baiona. O prezo dos billetes é de 13 euros, de 10 euros para nenos de 3 a 12 anos e gratis para menores de 3 anos. Pódense adquirir na Lonxa de Baiona, de 9:30 a 14:00 e de 15:30 a 17:30 horas, ou nos teléfonos 986 385 036 ou 680 424 719. A saída será ás 9:15 horas desde o Porto de Baiona con regreso previsto ás 19:15 desde a Illa de Ons.

Anuncios