Dúas vitorias para o Laroca na primeira xornada da liga galega de xadrez

No día de onte celebrouse a primeira xornada da liga galega de xadrez, na que o club Laroca de Nigrán participa con catro equipos.

Na primeira división no grupo C este primeiro encontro tivo lugar nos locais de Cotros contra o equipo Universitario de Ourense A, que o ano pasado xa militara nesta mesma división e que rematou no posto 5 da clasificación xeral con medio punto menos que o Laroca A. Nesa ocasión o resultado deste enfrontamento fora 1’5 – 2’5 a favor do equipo ourensán.

As cousas mudaron este ano e cun equipo formado por Mireya Represa Pérez, Artai Bringas Gómez, Constantino González Levices e Sergio López Pérez o resultado final foi de vitoria con tres puntos logrados por as vitorias de Artai e Tino nos taboleiros segundo e terceiro e as táboas de Mireya e Sergio nos tabolerios primeiro e cuarto.

Na segunda división o duelo local foi para o equipo do Laroca C por 1,5 – 2,5. O punto e medio obtido por o Loroca B foi alcanzado por as táboas de Daniel Vaz Varela, Rafael Simoes González e Jose Manuel Araújo Valverde no seu enfrontamento con Jose Manuel Ben Álvarez, Avelino Iglesias Fernández e Carlos Groba Presa nos taboleiros segundo, terceiro e cuarto. O punto que lle deu a vitoria ao Laroca C foi obtido no primeiro taboleiro por Tomás Bernárdez Duranen dura disputa con Patricio Salgado Alonso.

En terceira división no grupo K, o equipo do Laroca Mallón-IES Auga da laxe desprazouse a Vigo aos locais da ONCE con Ricardo Fernández López, Guillermo Cousido Martínez, Juan Manuel Represa Garazo e Jose Manuel Fernández Rodríguez. Ricardo e Guillermo nos taboleiros primeiro e segundo con sendas vitorias permitiron o empate final e o que podemos considerar un bo comezo, xa que a ONCE descendeu de segunda división e é un dos favoritos a liderar o campionato.

Anuncios