Unha vía de auga impide reflotar o veleiro varado en Santa Marta

Un equipo do Monte Real Club de Yates tentou este venres sen éxito reflotar o veleiro que acabou varado o mércores na Praia de Santa Marta. O amarre no que se atopaba fondeado rompeu e, tras permanecer á deriva pola baía baionesa, o vento arrastrouno ata o areal. Os labores para devolvelo ao mar comezaron á primeira hora da tarde, pero unha vía de auga no casco obrigou a suspender a operación, que podería retomarse mañá. Durante estes días nos que permaneceu no medio da praia, o iate foi totalmente desvalixado.

Anuncios