Este xoves rexistráronse en Baiona dous novos varamentos de cetáceos. Apareceron na praia da Concheira os cadáveres dun golfiño común macho de 1,88 metros e dunha toniña femia de 1,39 metros. Membros da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) desprazáronse ata o lugar para tomar mostras e tratar de pescudar a causa das mortes. Segundo informaron, o golfiño resultou morto por captura, mentres que a toniña faleceu por un traumatismo, producido tamén por unha posible captura.
O CEMMA rexistraba o pasado 1 de xaneiro o primeiro varamento do ano 2019 en Galicia en Baiona. Tratábase dunha femia de golfiño común de 2 metros de lonxitude que apareceu morta na praia da Ladeira, por un traumatismo de orixe descoñecida.


