Nigrán ofrece un novo curso de manipulador de produtos fitosanitarios nivel básico

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN // Os participantes no anterior curso de manipulador de produtos fitosanitarios cos seus carnés.

O Concello de Nigrán ofrece un novo curso de “Manipulador de Produtos Fitosanitarios Nivel Básico” dirixido prioritariamente a empadroados no municipio. Este terá unha duración de 25 horas e se desenvolverá no Centro Antena (Otero Pedrayo, 52) de 16:00 a 21:00 horas do 18 ao 22 de febreiro. Os interesados poden inscribirse do 28 de xaneiro ao 1 de febreiro na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán (de 9:00 a 14:00 horas), onde se lles entregará a orde para facer o pagamento no banco de 35 euros (a maiores, os inscritos deben pagar despois 8,92€ correspondentes á taxa do exame).

O Concello ofrece novamente este curso (a cargo de ATX Formación) ante a gran demanda da veciñanza, moi interesada dende a entrada en vigor da lei de uso sostible de produtos fitosanitarios que limita a venda a aquelas persoas que conten coa titulación.

Anuncios