Ruta arqueolóxica para coñecer os avances da escavación do Castro de Chandebrito

A Mancomunidade de Montes en Man Común de Chandebrito, a Asociación de Veciños “O Castro” e Árbore Arqueoloxía Sociedade Cooperativa Galega organizan este sábado 26 de xaneiro ás 11:00 da mañá unha ruta arqueolóxica para coñecer os avances da escavación do Castro de Chandebrito. A saída será desde a oficina da Comunidade de Montes e Asociación de Veciños, cunha duración aproximada de 2 horas. Trátase dunha actividade completamente gratuíta e non é necesario inscribirse.

Anuncios