Ángel Rodal xa se atopa en Madrid promocionando a Real Vila de Baiona

Ángel Rodal atópase xa en FITUR, unha cita que non quixo perderse para promocionar Baiona na feira de turismo máis importante do mundo.

Comezou o seu traballo na capital asistindo á presentación dun dos proxectos máis ambiciosos da Xunta de Galicia, no que están involucrados todos os concellos que contan con cascos históricos, dándolle un novo enfoque e dinamizándoos como é o caso do de Baiona.

Acto seguido asistiu á presentación do Ano Xacobeo 2021, onde o Camiño da Costa por Baiona será fundamental, como xa se comprobou estes anos co seu enorme crecemento, logrando desestacionalizar o turismo, xerando novos ingresos na hostalería e o comercio local.

Tras manter senllas reunións onde comentou coa presidenta do Congreso, Ana Pastor, o presidente de Fitur, conselleiros e a directora de turismo as vantaxes que ofrece o novo Camiño da Costa, Rodal centrouse na necesidade das axudas de todas as administracións para potenciar esta nova ruta xacobea, que está claro que “une” como ben dicía nas súas referencias ao mesmo o conselleiro Román Rodríguez.

Ángel Rodal non quixo perder a oportunidade de visitar esta mesma mañá a caseta de Huelva, onde se atopa o pobo irmán de Baiona Palos de la Frontera, onde puido charlar uns minutos cun antigo coñecido da Real Vila, como é Ismael Beiro, o primeiro gañador do concurso televisivo Gran Hermano, e que segundo confesou segue namorado de Baiona, desde que ofreceu un monologo hai uns anos, e non descartou en breve o volver gozar das súas paisaxes e gastronomía.

Como si xa fixo o seu acompañante, que non era outro que Javier Sánchez, alcalde de Almansa, que cando Rodal convidouno formalmente a que visite Baiona, afirmou que a visitara este verán coa súa familia, gozando das súas xentes, e sobre todo, da súa gastronomía.

Rodal continuará mañá cunha xornada de vertixe, ao ter a axenda repleta de actividades como representante do Xeodestino da Ría de Vigo e Baixo Miño e presidente de Villas Marineras, ademais de seguir promocionando a Real Vila de Baiona.

2019-01-23 - Ángel Rodal Fitur

Anuncios